Home Galiza I Marcha de eventuais do SERGAS

I Marcha de eventuais do SERGAS

O Sindicato  Sagap ( Sanitarios Galegos Püblicos )  ven de convocar a semana  pasada  a realización da  1ª Marcha  de eventuais  do SERGAS   que terá lugar o vindeiro dia 16 de marzo,  ás 10.00 da mañán en Santiago de Compostela , dende a Praza do Obradoiro ata os  Edificios da Xunta de Galicia  en San Caetano .

Por Sanitarios Galegos Püblicos

Os motivos que nos levan á mobilización son  moitos,  e neste caso todos eles relacionados ca situación de precariedade laboral,  abuso   e recorte continuo de dereitos ó que o SERGAS  somete a todos os seus traballadores/as,  pero en especial ó colectivo do persoal eventual,  o eslabón máis débil  e desprotexido.  Con esta Marcha queremos  poñer de manifesto  que dende SAGAP :

* Exisimos a convocatoria dunha Oferta Pública de Emprego  na que se recuperen e inclúan todas as prazas de todas as categorías  que «desapareceron»  dende o ano 2009 , así como da totalidade das prazas vacantes  que a data de hoxe se atopan cubertas por persoal eventual,  dando  a estabilidade necesaria  a estes traballadores. A última convocatoria  feita polo SERGAS , cun total de 818 prazas  , na que nin sequera  se contempla a oferta  para todas as categorías  existentes,   supón una cifra ridícula  e insuficiente si se quere garantir  como se di, o desenvolvemento  efectivo da actividade sanitaria pública de Galicia, tendo en conta as necesidades da nosa poboación,  así como  de dar estabilidade real ós traballadores públicos como se nos quere vender  .

*Esiximos a  negociación dun pacto de contratacións xusto e claro,  que permita  e regule realmente  unha  contratación  axustada á lexislación laboral, e non a base de contratos lixo  Hoxe en dia, tanto a selección de aspirantes como   a contratación dos mesmos,  están  sometidos as  «intrepretacións » retorcidas que  fan os xerentes e os seus equipos  tanto  das leis vixentes coma  dos seus propios  acordos , contraacordos , instruccións ,etc.,  dando lugar a que dentro do mismo organismo, o que en Santiago vale, en Ourense  sexa «ilegal»  aplicar .  Reclamanos tamén que de unha vez por todas  se escoite e se teñan en conta as necesidades reais  do  persoal directamente afectado  nos foros de negociación .

*Esiximos  que se recuperen aquelas categorías para o emprego público, que froito da voráxine privatizadora da Xunta de Galicia  foron eliminadas para poder así  «negociar » e contratar   con empresas privadas e ir pouquiño a pouco   vendendo  por parcelas  o  noso Sistema Sanitario Público .

Esta precariedade , así como o constante «aforro» na contrataciónde persoal, non só impide os desenvolvemento  de proxectos persoais  e profesionais dos traballadores. Tamén  afecta  moi directamente á calidade da atención prestada ós usuarios , e se traduce en feitos tan palpables como: aumento das listas de espera, reduccións no tempos de consulta , falta de persoal de referencia , abandono da Atención primaria, aumento dos ratios personal/paciente,  imposibilidade de  levar a cabo unha atención integral  dos pacientes e familias , colapsos dos servicios de Urxencias , peches de camas,… É dicir, o progresivo desmantelamento da nosa Sanidade Pública .

Dende este Sindicato  declaramos o noso total compromiso ca defensa dos deritos de todos  os traballadores/as, así  como manifestamos o noso compromiso firme e rotundo ca defensa dunha Sanidade Pública, Universal, Gratuíta no momento da prestación e de Calidade, e invitamos  a todas as organizacións  sindicáis  e colectivos  dispostos a defendelos  a que se unan, nos acompañen e participen nesta Marcha .

 

Salir de la versión móvil