O Sindicato Sagap ( Sanitarios Galegos Püblicos ) ven de convocar a semana pasada a realización da 1ª Marcha de eventuais do SERGAS que terá lugar o vindeiro dia 16 de marzo, ás 10.00 da mañán en Santiago de Compostela , dende a Praza do Obradoiro ata os Edificios da Xunta de Galicia en San Caetano .
Por Sanitarios Galegos Püblicos
Os motivos que nos levan á mobilización son moitos, e neste caso todos eles relacionados ca situación de precariedade laboral, abuso e recorte continuo de dereitos ó que o SERGAS somete a todos os seus traballadores/as, pero en especial ó colectivo do persoal eventual, o eslabón máis débil e desprotexido. Con esta Marcha queremos poñer de manifesto que dende SAGAP :
* Exisimos a convocatoria dunha Oferta Pública de Emprego na que se recuperen e inclúan todas as prazas de todas as categorías que «desapareceron» dende o ano 2009 , así como da totalidade das prazas vacantes que a data de hoxe se atopan cubertas por persoal eventual, dando a estabilidade necesaria a estes traballadores. A última convocatoria feita polo SERGAS , cun total de 818 prazas , na que nin sequera se contempla a oferta para todas as categorías existentes, supón una cifra ridícula e insuficiente si se quere garantir como se di, o desenvolvemento efectivo da actividade sanitaria pública de Galicia, tendo en conta as necesidades da nosa poboación, así como de dar estabilidade real ós traballadores públicos como se nos quere vender .
*Esiximos a negociación dun pacto de contratacións xusto e claro, que permita e regule realmente unha contratación axustada á lexislación laboral, e non a base de contratos lixo Hoxe en dia, tanto a selección de aspirantes como a contratación dos mesmos, están sometidos as «intrepretacións » retorcidas que fan os xerentes e os seus equipos tanto das leis vixentes coma dos seus propios acordos , contraacordos , instruccións ,etc., dando lugar a que dentro do mismo organismo, o que en Santiago vale, en Ourense sexa «ilegal» aplicar . Reclamanos tamén que de unha vez por todas se escoite e se teñan en conta as necesidades reais do persoal directamente afectado nos foros de negociación .
*Esiximos que se recuperen aquelas categorías para o emprego público, que froito da voráxine privatizadora da Xunta de Galicia foron eliminadas para poder así «negociar » e contratar con empresas privadas e ir pouquiño a pouco vendendo por parcelas o noso Sistema Sanitario Público .
Esta precariedade , así como o constante «aforro» na contrataciónde persoal, non só impide os desenvolvemento de proxectos persoais e profesionais dos traballadores. Tamén afecta moi directamente á calidade da atención prestada ós usuarios , e se traduce en feitos tan palpables como: aumento das listas de espera, reduccións no tempos de consulta , falta de persoal de referencia , abandono da Atención primaria, aumento dos ratios personal/paciente, imposibilidade de levar a cabo unha atención integral dos pacientes e familias , colapsos dos servicios de Urxencias , peches de camas,… É dicir, o progresivo desmantelamento da nosa Sanidade Pública .
Dende este Sindicato declaramos o noso total compromiso ca defensa dos deritos de todos os traballadores/as, así como manifestamos o noso compromiso firme e rotundo ca defensa dunha Sanidade Pública, Universal, Gratuíta no momento da prestación e de Calidade, e invitamos a todas as organizacións sindicáis e colectivos dispostos a defendelos a que se unan, nos acompañen e participen nesta Marcha .