Home Galiza Botar fóra ó PP! Por uns concellos o servizo do pobo...

Botar fóra ó PP! Por uns concellos o servizo do pobo traballador.

Xa desde as municipais do 2011 que viran nascer o 15M existe umha ansia popular de botar fora a tódolos corruptos, mentireiros, recortadores e amigos de banqueiros e empresarios. Estas eleccións celébranse nun momento de crise para as institucións do goberno e os «vellos» partidos e sindicatos. Nestes anos, estoupan a crise económica, o 15M, Gamonal, Can Vies, as Marchas da Dignidade, Podemos, a dimisión de Juan Carlos, … Os traballadores e as traballadoras perceben que hai umha oportunidade para romper co bipartidismo e botar fora o partido herdeiro do franquismo, o que significaría un enorme paso adiante na loita contra este Réxime en crise.

Galiza é um pais a medio construír ao servizo dos proxectos de sempre: a emigración masiva e a aportación de materias primas para as industrias de fóra, desmantelando o resto. Os concellos son parte decisiva neses proxectos: as liortas municipalistas sobre aeroportos, ou portos exteriores, ou sobre “AVEs” que só unen cidades a prezos e horarios inservíbeis para a clase traballadora dividen á poboación e impiden ver quén é o verdadeiro inimigo. O localismo “pailán” do que fan gala tódolos políticos institucionais prometendo a cada quen mais obras faraónicas é refuxio de corruptos, beneficio para corruptores, e umha política consciente para manter esta realidade aínda caciquil de opresión e marxinación para toda Galiza.

Frente a esta desfeita teñen xurdido en moitas vilas e cidades agrupamentos populares que respostan ó desexo de botar fora ós corruptos (personificados na Galiza no PP e no PSOE) e cambia-las formas de facer política. Estes novos candidatos introducen propostas favorabéis para a poboación, propoñendo pór os concellos ao servizo da cidadanía. Desde Corrente Vermella chamamos a votar ás candidaturas da esquerda ou de unidade popular para que o bipartidismo rache dunha vez. Pero ate aquí chega o noso acordo con elas.

CÓMO POÑE-LOS CONCELLOS REALMENTE Ó SERVIZO DOS TRABALLADORES

Para Corrente Vermella é umha reacción xusta mas limitada para a situación: a gravidade dos problemas da poboación e evidencia de que as institucións de goberno dos concellos somentes serven para poñer os cartos e servicios públicos a disposición dos bancos e os empresarios por medio dos políticos (corruptos ou non). A política local ten os límites obvios do mercado/mundo global. A meirande parte dos problemas mais graves dos concellos teñen a sua orixe en Madrid, Bruxelas ou nos despachos dos bancos e multinacionais. Pór os concellos o servizo do Pobo Traballador significa adoptar medidas que chocan coas institucións e leis derivadas deles. Para Corrente Vermella calquera proposta política favorable ao pobo traballador bate de fronte co marco legal dun Réxime feito á medida dos planes da UE e dos Estados; sen ir mais lonxe, a Lei de Réxime Local pon os orzamentos municipais baixo control do Ministerio de Facenda ou a famosa reforma do artigo 135 da Constitución, no que se impón o pago da débeda como prioridade frente os gastos sociais. E temos que ser claros. Sen a derrogación inmediata de todo o anterior, nengumha das propostas ao servizo do pobo traballador que se podan facer teñen a menor garantía de continuidade. Establecer bolsas de emprego controladas polos desempregados e as suas organizacións, remunicipalizar os servizos privatizados e a municipalización do solo para facer vivendas de aluguer barato, criar redes de transporte publico colectivo que integren os diferentes medios (buses, tren, etc.), ou redes de autodefensa e centros de acollida para as mulleres frente ás agresións machistas,… son medidas que non collen dentro dos estreitos limites das políticas da UE e os gobernos.

Para nós, que o concello estea ó servizo do pobo traballador significa que eses concellos gañados á PP e PSOE sexan a punta de lanza contra este réxime baseado na Constitucion do 78, a que permite os desafiuzamentos, os despedimentos masivos, e austericidio o servizo do pago da Débeda. Que o concello estea ó servizo do pobo traballador significa que para loitar contra este réxime que nos nega todo o que precisamos temos que pular pola autoorganización nos barrios obreiros e populares, recollendo a “tradición” creada polo 15M constituíndo asembleas populares ou a través das AA veciñais non corrompidas. Que o concello estea ó servizo do pobo traballador é que estas Asembleas/AA veciñais non só participen e controlen desde abaixo, esixindo a revogación dos cargos públicos electos se fose preciso. E que nesas asociacións se debatan as decisións de loita contra o réxime que o novo goberno municipal vai ter que adoptar se non quere traicionar á poboación.

Hai que ter presente que nas condicións actuais, calquera concello que se declare insubmiso ás medidas de austeridade e recortes impostos pola UE, vai ter que mobilizar á poboación traballadora. E temos que mobilizarnos, porque xa sabemos que nada se consegue somentes con mítines, discursos nos plenos e papeliños dun lado para outro. Un goberno local que aspire a poñe-las institucións ao servizo da poboación, inevitablemente vai ter que forzar ou salta-las leis, senón quere ser un simple encargado de xardinería ou das festas locais. E somentes se consigue coa xente presionando na rúa.

Corrente Vermella non fía nas eleccións como instrumentos para mudar, só fiamos na mobilización social, coa clase traballadora organizada á cabeza, para conquistar e defender as suas reivindicacións. Non podemos depender de gobernos que somentes miran polos intereses dos ricos. Consideramos que trás as eleccions, gañe quen gañe e goberne quen goberne, a clase traballadora e o pobo terán que se mobilizar para avanzar na conquista das suas reivindicacións e mantelas no futuro, por iso, máis aló de ir votar chamamos á constitución dum bloco unitario da clase traballadora que teña como sinal de identidade a loita na rúa e a unidade das loitas.

QUÉ MEDIDAS SOCIAIS E POLÍTICAS PODEN GARANTIR QUE O CONQUISTADO, E QUE ESTÁ POR CONQUISTAR, NON VAI SER DESTRUÍDO POLO GOBERNO DE QUENDA?

Insistimos en falar de clase traballadora e non de cidadanía coma moitas destas candidaturas, porque consideramos que son a xente que depende dun salario ou de axudas, o pobo traballador, os que verdadeiramente pagan a crise: empresarios como Ortega, Jove ou Rivera, banqueiros como Castellanos, ou politicos como Vázquez e Negreira, son cidadáns coma nós pero estes non pagan a crise. Mais ben son os beneficiados.

1.- Frente a uns concellos despilfarradores e uns “políticos” con salarios de executivos de grandes empresas, ningún salario por cima da media da clase traballadora.

    2.- Frente a uns concellos endebedados por obras faraónicas ao servizo das construtoras, non pago da debeda xerada e ningumha obra que non estea baseada nas necesidades socias. As infraestruturas que o pobo traballador precisa non son tunéis a ningures, nin AVEs que non son AVEs, senon tren de proximidades, centros de saúde, xardíns de infancia, escolas, etc.

    3.- Frente uns concellos que so apoian formalmente as loitas obreiras contra os empresarios, mas despois apoianse neles para a xestion dos servizos, é preciso facer o contrario, botar-llos fora e abrir as institucións á clase obreira e aos veciños / as, a todas as loitas sociais, dando todas as facilidades para a sua organización.

    4.- Frente uns concellos implicados en moitas ocasións na represión das loitas obreiras e sociais, os novos concellos teñen que ser baluartes na defensa das liberdades individuais e colectivas da sociedade: desde centros de apoio ás mulleres en loita contra o patriarcado, a través de comedores colectivos, xardíns de infancia, centros de acollida,…; como á xuventude contra a sua marxinación por umha sociedade que “idealiza” o “novo”, mas penaliza e persegue a rebeldía xuvenil.

    5.- Frente uns concellos despolitizados, convertidos en orgaos de “xestión” dos interese da direita e a patronal, reivindicamos uns concellos implicados na loita da Galiza pola autodeterminación, na solidariedade internacionalista cos pobos en loita contra o imperialismo.

    6.- Frente uns concellos que fomentan o localismo para enfrentar á poboación artificialmente, defendemos umha outra organización adminitrativa: a disolución das Deputacións, verdadeiros niños de corruptos e formas caciquis, e a constitución de areas metropolitanas/comarcalización, rompendo a estrutura provincial imposta polo Estado á Galiza.

http://www.corrienteroja.nethttp://www.blogoteca.correntevermella.netcorrentevermelha@gmail.com

Salir de la versión móvil